O mércores 5 de xuño, despois da reunión do LeoClub de sexto levamos a cabo a actividade final deste ano. Neste caso quixemos relacionala co noso PDI sobre animais e tamén enlazala coa última lectura do curso que eran uns cómics sobre animais.
A actividade consistiu nun taller para descubrir o mundo dos insectos. Buscáronse polo entorno do colexio, patio, horta escolar... para logo observalos con lupas binoculares ou buscar información sobre eles coas trablets e Google Lens. Tamén había varias guías e libros sobre insectos para coñecelos. Contamos ademais con numerosas mostras de insectos, bolboretas, etc que nos emprestaron do IES Otero Pedraio grazas á profe Rosa e que tamén puidemos observar coas lupas. Toda esta actividade estivo guiada por Fernando Francisco de Vicente, a quen agradecemos a súa implicación e entusiasmo.
E para rematar a xornada gozamos duns saborosos xelados que puxeron o punto final ao LeoClub deste curso 2023/2024. Agardamos vervos a todos e todas de novo o vindeiro curso con moitas ganas de vivir moitas aventuras. Desfrutade do verán e non olvidedes meter na maleta a vosa lectura predilecta! Bo verán a todos e todas!!











